Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Xuntanza en Galicia de socios e amigos de Airiños da Nosa Galicia

xuntanza1

 

Este ano o lugar de encontro foi Cotobade (Pontevedra).
Unha representación do Centro foi recibida por o Alcalde de Cotobade no Salón de Plenos do Concello. Na recepción o presidente Xosé Canosa transmitiulle as nosas inquedanzas e a finalidade de estas Xuntanzas na Nosa Terra que cada ano se fan en unha provincia. Este ano que tocaba Pontevedra, fixose en Cotobade para rendir tamen homenaxe a Antón Fraguas figura a quen están dedicadas as Letras Galegas 2019.
Despois da recepción no Concello visitamos a Casa onde naceu e viviu Antón Fraguas en Insuela. Ademáis de visitar a casa tivemos a oportunidade de intercambiar impresions coas veciñas de Antón Fraguas que nos transmitiron a calidade humana e cultural que caracterizaba a Fraguas.
Rematada a visita, Xantar de Xuntanza na casa Inés con interpretación musical co grupo de gaitas de Airiños.

 

xuntanza2

 

xuntanza3

 

Casa de Antón Fraguas

 

xuntanza4

 

O presidente Xosé Canosa procede a lectura da placa conmemorativa que a Xunta de Galicia colocou o día das Letras Galegas na casa de Antón Fraguas.

 

xuntanza5

 

xuntanza6

Copyright © 2015. All Rights Reserved.