NOTICIAS

Crónica da degustación de viños Raïm i Cultura

raim01

 

raim03

 

Degustación de viños no Centro Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet.

 

Dentro das xornadas de Raïm i Cultura que organiza o Concello de Santa Coloma de
Gramenet, o Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia acolliu a xornada de degustación
dos viños de Denominación de Orixe Monterrei das adegas TAPIAS MARIÑÁN.

 

Con gran afluencia de público, abre o acto o presidente Xosé Canosa, pondo en valor
ás cinco denominacións de orixe dos viños galegos.

O Concello estivo representado por a Teniente de Alcaldesa Lidia Montero e por a Regidora
de Civismo Loli Andrades

 

Neste acto realizase a degustación dos viños de adega Tapias Mariñán, coas
variedades de Godello, Albariño, Treixadura e Mencía, da man do Sommelier
Francisco Cordero Arcos, mestre da Escola de Restauración de Santa Coloma de
Gramenet (Grameimpuls, SA.) que nos describiu as características físicas e comúns da
comarca de Monterrei, así como as características organolépticas das variedades de
cada un dos viños degustados.

 

En representación das adegas Tapias Mariñán, Antonio Blanco fixo a presentación das
distintas zonas dos seus viñedos xa que todas as variedades do seu viño son de
colleita propia, tamén nos describiu a elaboración de cada unha das variedades dos
seus viños.

 

Esta cata de viños foi acompañada por música e recitais de poesía dedicados os viños
da Nosa Terra.

 

Desde Airiños, agradecer os colaboradores e a todo público asistente.

 

Grazas.

 

Galería de fotos