Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Conferencia. "O longo camiño cara á igualdade: vixencia de Concepción Arenal"

esperanza

 

Ola. Son Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora. Invitada polo Centro Cultural “Airiños da nosa Galicia”, en Santa Coloma de Gramenet, acudirei dende Ferrol para dar unha conferencia con motivo  200 aniversario do nacemento da ferrolá Concepción Arenal. Terá lugar o venres, día 7 de febreiro de 2020, ás 19:00 horas, co título:  O longo camiño cara á igualdade: vixencia de Concepción Arenal.
Contribuímos así a homenaxear a esta figura eminente, ferrolá, galega e universal. De profundas inquedanzas intelectuais e sociais, podemos dicir que é o punto de partida na loita pola igualdade da muller en España. Consideraba primordial a elevación do nivel cultural da muller e a súa incorporación ás tarefas sociais Foi unha destacada pensadora, penalista e escritora. Sempre crítica coas desigualdades sociais, denunciou as condicións das cárceres e a mendicidade.

 

Actos homenaxe a Concepción Arenal

Aniversario do nacemento de Concepción Arenal

Copyright © 2015. All Rights Reserved.