Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Entroido 2020

IMG 20200223 WA0049

 

Como cada ano o noso Centro participou na Rúa de Entroido que organiza o noso Concello.
Mais de trinta comparsas foron as encargadas de encher de colorido, música, baile e alegría as rúas da nosa cidade nas que se apiñaban un gran número de persoas.
Na Rua deste ano presentamos dúas novidades:
 
  1. A participación da furgoneta propiedade do Centro.
  2. Poder promocionar e poñer en escena parte do vestiario do noso  Musical Solidario e que baixo o título de "A Lámpada Magica" terá lugar o vindeiro sábado 14 de marzo ás seis da tarde no Teatro Sagarra.
 
Grazas a todos e a todas as participantes que coa súa implicación fan posible que un ano mais podamos estar presentes neste acto de cidade.
 
Grazas.
 

Copyright © 2015. All Rights Reserved.