Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Letras Galegas 2020

DIPTICO LETRAS GALEGAS 2020 OK

 

Esta semana é a semana das Nosas Letras Galegas. Debido ás circunstancias atípicas e excepcionais que estamos vivindo, non son posibles as celebracións presenciais en actos colectivos para recoñecer a labor do peiro homenaxeado, escritor, poeta e profesor RICARDO CARVALHO CALERO.

Cómpre por tanto botar man das redes sociais para poder honrarerso a persoa que tanto puxo en valor a defensa da nosa cultura e do noso idioma coa súa incondicional entrega e co seu exemplo a Galicia.

Airiños xa fixo público no voceiro O HORREO a vida e obra de Carvalho Calero, que se pode consultar na nosa paxina Web. Tamén faremos actividades nas redes sociais para deste xeito achegar a todos e todas ese tan merecido homenaxe o escritor e intelectual galeguista.

O día 17 de maio terán lugar diferentes actividades que se poderán seguir nas redes sociais coa colaboración de persoeiros relevantes da nosa cultura no día das Letras Galegas.

Esperámosvos a todos e todas nestas nosas Letras Galegas en homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO.

 

VÍDEO RESUMEN BENVIDA - LETRAS GALEGAS 2020

Copyright © 2015. All Rights Reserved.