Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Letras galegas 2021

DIPTICO LETRAS GALEGAS 2021Airiños da Nosa Galicia realiza un acto homenaxe ás Letras Galegas -as Nosas Letras- e que este ano está dedicado a Xela Arias.

O acto realizase coa alternancia de vídeos de persoeiros do mundo da cultura que falarán da homenaxeada coa continuación de lectura de textos e poemas a cargo de socios e socias de Airiños.

No acto participaran varias modalidades culturais para dar visibilidade a implicación da nosa entidade na divulgación e posta en valor das nosas letras, música, representación teatrais, recitales das poesías de Xela Arias. Actuarán diferentes grupos de varias entidades galegas de outras localidades e tamén corales, actores e solistas da nosa cidade, tamén contaremos coa actuación do grupo de Airiños

O obxectivo é de por en valor a obra da homenaxeada desde a nosa humildade e desde dentro con mostras de diversidade cultural para facer visible este tan merecido recoñecemento a escritora, poeta, tradutora e defensora da igualdade, acto ao que se sumarán diferentes culturas da nosa cidade dando apoio coma sempre a nosa actividade.

Tódolos grupos e solistas interpretarán temas en Galego

O acto realizase co cumprimento estrito das normas sanitarias do momento e con todas as medidas de seguridade.

Copyright © 2015. All Rights Reserved.