NOTICIAS
Airños pecha as Letras Galegas co teatro cheo
O domingo dia 21 de maio tivo lugar en Sta Coloma de Gramenet o acto dedicado ás Letras Galegas que organizou o C.C. Airiños da Nosa Galicia.
Póla mañá no Aura Forum a conferencia dedicada ao homenaxeado D.Francisco Fernández del Riego a cargo do Poeta e Escritor Pedro Xosé Branco Llano e pola tarde no Teatro Josep Maria de Sagarra col Cartel de entradas esgotadas (aforo de 530 localidades) un festival homenaxe a nosa Cultura presentado por Toni Cotado coa participación de:
•Banda de Toxos e Xestas &T-Folk Barcelona
•Coral Amb Veu de Dona de Terrasa
•Coral Art y Cultura de Cañyet Badalona
•Aura Grup de Sta.Coloma
•Alfredo González (Cantautor)
•Casa de Aragón Virgen del Pilar Sta.Coloma
•CC Airiños da Nosa Galicia
•Coral Centro Galego de Barcelona
•Castellers de Sta.Coloma
Un amplo percorrido polos máis diversos xéneros: Folk Fusión, Cantos de Taberna, Corais, Baile para finalizar con un homenaxe dos Castellers de Sta.Coloma a Galicia levantando a toque de graia un alicerce desde o interior do Castell co despregue da bandeira Galega.
Pechouse o acto co himno Galego interpretado pola banda de Airiños e cantado pola Coral do Centro Galego, Airiños da Nosa Galicia e público asistente.
Abriu o acto o presidente da Entidade Xosé Canosa que agradeceu ao público asistente a súa participación neste acto de homenaxe a nosa Cultura e que xunto ao Musical Solidario organizado por a entidade o 29 de abril colgouse por segunda vez en 22 días o cartel de non hai entradas. Logo a Alcaldesa Núria Parlon falou da gran Labor que realiza Airiños así como a solidaridade dos veciños e veciñas Colomenses e da diversidade e riqueza que supón para a nosa cidade.Dia das Letras Galegas 2023