Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Felicitación a Toxos e Xestas

Festival Toxos5

 

Onte tivemos a oportunidade de asistir o acto de celebración do 40 aniversario de Escola de Música e Danza TOXOS E XESTAS de Barcelona.

Agradecemos a invitación de Toxos, e dámoslle a nosa máis sincera felicitación por o acto de onte no Auditori de Barcelona.

Moitos Parabéns por os 40 anos de traballo pondo en escena o noso folclore sempre con ese alto nivel de esixencia que vos caracteriza e que sempre foi un referente dentro da cultura Galega en Catalunya.

Toda unha vida espallando a nosa cultura por todo Europa, onte tivemos esa mostra do recoñecemento a vosa traxectoria, con felicitacións e mostras de cariño de todo o texido cultural da Nosa Terra, con esas verbas de agradecemento de artistas Galegos que despois de haber pasado por os vosos fetivais o longo de estes 40 anos, chegaron o máis alto no eido da música e danza.

Toxos e Xestas é para todos nós un refernte no espallamento da nosa cultura en Catalunya, pois foi un dos puntos de partida da formación de moitas entidades que hoxe contan con grandes grupos de música e danza en todo Catalunya e tamén en Galicia, para nós e un grato pracer poder compartir con vós ese fermoso evento, onde tivemos a oportunidade de atoparnos con amigos cos que fai 40 anos coincidimos nos comezos da nosa andaina de Galeguidade e que hoxe seguimos compartindo.

Dende Airiños da Nosa Galicia de Sta Coloma de Gramenet, desexámosvos que continuedes sumando e cosechando éxitos durante moitos anos máis.

PARABÉNS.

 

40 aniversario de Toxos e Xestas

Copyright © 2015. All Rights Reserved.