NOTICIAS

Dous centos anos despois, ConcepciĆ³n Arenal mais viva que nunca

IMG 20190210 WA0023

 

Hoxe mais de medio centenar de persoas déronse cita na Praza que leva o seu nome, para deixar constancia que o seu legado e a súa loita esta mais viva que nunca. Contamos coa presenza da alcaldesa, Núria Parlon e acompañados pola musica do grupo de Airiños dá Nosa Galicia.

Tomou a palabra o presidente da entidade Xose Canosa que agradecio a presenza de tod@s ao tempo que fixo unha pequena sintesis dos logros que hai case dous séculos esta Ferrolá levo a cabo e que hoxe en dia aínda seguen en vigor. 

A continuacion Jairo realizo un pequeno resumo da vida e obra, mentres que Carla e Laura falaron de Concepcion dos seus logros e do que suponia para elas como jovenes mulleres revindicar os seus dereitos e continuar coa loita ata a conseguir da igualdade.

A Alcaldesa Nuria Parlon no seu discurso destacou que a praza  de Concepción Arenal en Santa Coloma ocupa un espazo de intersección entre o centro e a zona norte de Santa Coloma, a que abarca os barrios do Distrito III. E fíxoo para encomiar a figura da escritora e feminista galega. Unha loitadora pola igualdade, valor básico e fundamental para unha transformación social que mellore a calidade da nosa democracia. Só cando existe unha verdadeira igualdade entre persoas avanza a sociedade. E ese é o legado de Concepción Arenal, a loita pola igualdade entre os seres humanos.

Cerro o acto o grupo de musica de Airiños que recibio un merecido e cariñoso aplauso polas interpretacións realizadas.

 

Galeria de fotos

Homenaxe a Concepción Arenal