NOTICIAS

Acto emotivo en Santa Coloma de Gramenet en homenaxe a José Couso xornalista asasinado en Iraq fai 16 anos.

couso01

 

Unha vez máis Airiños da Nosa Galicia mostra a súa sensibilidade concentrando en Can Sisteré máis de un centenar de persoas para lembrar o Xornalista José Couso no 16º aniversario do seu pasamento asasinado en Iraq cando exercía o seu traballo de xornalista e reporteiro de Telecinco en unha guerra que nunca debeu de existir.

Interviñeron no acto o presidente do centro Airiños da Nosa Galicia Xosé Canosa, Rafael Permuy tío de José Couso e portavoz da familia, Siro López xornalista e ilustrador de Ferrol e Nuria Parlon alcaldesa de Santa Coloma de Gramenet, que unha vez máis, destacou no seu discurso o ben coñecido respecto á loita e á sensibilidade polos dereitos humanos e as liberdades individuais que ilustran a súa carreira.

Neste acto, Airiños da Nosa Galicia rende homenaxe a un paisano de Ferrol brutalmente asasinado. Tamén se reivindica a falta de explicacións e respostas ante o brutal ataque dun tanque das forzas estadounidenses no hotel que se aloxaba un grupo de xornalistas independentes que realizaban o seu traballo para cubrir a información e entre os que se atopaba José Couso.

Airiños da Nosa Galicia e o concello de Santa Coloma de Gramenet, reivindican Xustiza para o periodista asasinado o 8 de abril do 2003. O tío de Couso, Rafael Permuy, pronuncia un manifesto en nome da nai do xornalista para denunciar como a impunidade perverte a democracia e a soberanía.

Dende Airiños da Nosa Galicia queremos agradecer a presenza de todas as persoas que acudiron a este emotivo acto. Unha vez máis queda demostrado o compromiso, sensibilidade e solidarizade dos cidadáns/as de Santa Coloma de Gramenet. Agradecer tamén o soporte e participación do concello e da nosa alcaldesa Nuria Parlon. Grazas tamén o grupo gaitas de Airiños por a aportación musical no acto.

 

Galería de fotos