Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Presentación do logo do 40 aniversario

 

pintor  logo40

 

Este sábado 25 de febreiro ás 11 horas presentamos o logotipo relizado con motivo do 40 aniversario da entidade. La presentación que terá lugar no edificio Aura Seguros da praza da Vila, contará coa presenza do autor, o artista galego David Pintor.

 

David Pintor

 

Recepción municipal polo 40 aniversario de Airiños

 

 

Entroido 2023

entroido2023 01jpg entroido2023 02

 

entroido2023 03 entroido2023 04

 

O pasado día 18.02.2023 estivemos presentes na Rúa de Entroido que organizou o noso municipio, Santa Coloma de Gramenet.

Case unha trintena de comparsas foron as encargadas de dar música, luz, cor e alegría nas rúas da cidade onde os seus habitantes achegáronse ata ela para poder gozar dun agradábel momento e ver creatividade e diversidade de disfraces.

Este ano quixemos homenaxear o bo viño galego que hai e por iso o grupo disfrazouse de acios de uvas. Ademais tamén tiñamos a varios camareiros e un enólogo entre eles.

Queremos agradecer a todos os que fixeron posible a nosa participación un ano máis neste acto que xa se converteu unha tradición tanto para o municipio como para nós como entidade cultural en Santa Coloma de Gramenet.

Copyright © 2015. All Rights Reserved.