Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

LETRAS GALEGAS 2016

letrasgalegas2016

Airiños da Nosa Galicia homenaxea o poeta Manuel María e no seu nome ás LETRAS GALEGAS

O acto terá lugar o vindeiro 29 de maio ás 18:00 horas no Auditori de Can Roig i Torres de Sta. Coloma de Gramenet. Dando continuidade as actividades de carácter solidario coas que Airiños se sinte comprometido para que as persoas máis necesitadas lles poidan chegar os alimentos básicos a entrada terá o prezo de 3 alimentos non perecedoiros.
Dende o ano 1963 a Real Academia Galega, cada ano homenaxea a un persoeiro das nosas Letras, dende Rosalía de Castro que foi a primeira homenaxeada no ano 1963 coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos ,
A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en Galego, e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. Así se comezaba no ano 1963 con Rosalía de Castro.

 

manuel maria

 

Este ano a figura homenaxeada é Manuel María, Outeiro de Rei, Lugo, 1929 – A Coruña 2004.
O seu universo biográfico e literario está afincado nas terras chairegas e na Nación Galega. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. Manuel definíase como Labrego con algo de poeta. No ano 1988 en Airiños tivemos a sorte de ser agasallados coa súa presenza na nosa Entidade falándonos precisamente das Letras Galegas. O día 29 de maio será homenaxeado na cidade de Sta. Coloma de Gramenet .

 

Eu son Manuel María,
Labrego con algo de poeta.
Por iso gardo as albas
No fondo dos meus ollos
E ando devagar o meu camiño,
e pídolles as cousas a súa tenrura
e a os homes pídolles verdade.

Manuel María
“Carné de identidade”

Homenaxe a Manolo Valdés

manuel valdes homenaxe

O Concello de Parada de Sil, homenaxea a D. Manuel Valdés no dia das Letras Galegas.
35 anos dirixindo un programa de radio en Galego “LONXE DA TERRA” si, Lonxe da Terra, en Catalunya, na nosa cidade, en Sta. Coloma de Gramenet .


Dende a nosa páxina, queremos felicitar a Manolo, homenaxe ben merecido, home cercano, aberto, colaborador, sempre aportando valor ás entidades galegas en Catalunya, cos seus micrófonos abertos para que todos tivesen e teñan a oportunidade de espallar a través das ondas ás súas actividades.


Os proxectos a vagadas custan de por en práctica, pero o difícil é mantelos, por iso Lonxe Da Terra e Manolo Valdés nos merecen todos os nosos respetos e os nosos mellores desexos de continuidade nesta andaina que é unha fiestra aberta a todos os galegos e galegas. Todo un referente da nosa cultura en Catalunya.


PARABÉNS

 

Copyright © 2015. All Rights Reserved.