NOTICIAS
5º CARRO SOLIDARIO
Un ano mais o Centro Airiños da Nosa Galicia, organiza un acto solidario coa representación da obra de teatro “Todo por un soño” interpretada por o grupo de teatro “Ramboia” no Teatro Sagarra de Sta. Coloma de Gramenet.
Recolléronse máis de 3 Toneladas de alimentos que foron entregadas a parroquia para que ás faga chegar as persoas mais necesitadas .
Agradecemos o respaldo do publico asistente o acto e a todas as persoas que co lema do 5º Carro Solidario nos fixeron chegar a súa colaboración.
Grazas o noso grupo de teatro RAMBOIA que ano tras ano nos sorprende con esa profesionalidade posta en escena.
Agradecer tamén a dirección e a todas ás persoas da organización do Teatro Sagarra por o seu traballo e dedicación, un ano máis estiveron con todos nós organizando e apoiando para que todo saíse perfecto. Grazas.
CARNAVAL 2016
FESTA DO ENTROIDO 2016
Participación na Rua de Carnaval 2016 en Sta. Coloma de Gramenet.
Airiños da Nosa Galicia un ano máis forma parte dos actos de carnaval participando na Rúa.