Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Trinta anos da morte de Andrés Dobarro

dobarro01

 

Trinta anos despois da súa morte  a chama do seu recordo esta máis viva que nunca.
Andrés (Ferrol 1/09/47 - Madrid 22/12/89) foi o único cantante que alcanzou un número uno en España cunha canción escrita en galego, utilizado no franquismo como vía de expresión. É autor de éxitos como "Ou Tren" ou "Corpiño Xeitoso". Esta última canción, publicada en 1970 e cantada en lingua galega, con ela alcanzou os primeiros postos das listas españolas.
Ata ese momento ninguén habia conseguido un número uno nunha lingua oficial que non fose o castelán.
No 2020 Airiños realizará actos de homenaxe á súa memoria.
Grazas Andrés por todo o que fixeches e que ha día de hoxe ninguén cho recoñeceu.

Airiños participa na obra solidaria "Cómeme el coco, negro"

cocoteva

 

O proximo  domingo dia 19 ás 19 horas no Teatro Josep M.de Sagarra, Airiños participa na obra de Teatro "Cómeme o Coco Negro" da compañía Cocoteva e a beneficio da Marató de TV3.
Airiños dá Nosa Galicia agradece ao director da obra Xavi Villena a invitación para poder colaborar neste acto Solidario.
Desde aqui animamos a todos e todas a colaborar non só coa vosa  presenza senón tamén co voso  donativo e que este ano vai integro a  as enfermidades minoritarias.

Desde aqui felicitar a Cocoteva por esta iniciativa Solidaria.
Esperámosvos

 

La Marató 2019

Copyright © 2015. All Rights Reserved.