Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Acto Letras Galegas

actoletrasgalegas

Acto Letras Galegas
Moitos Parabéns Antonio e por moitos anos.

O pasado dia 28 Airiños celebrou un homenaxe o escritor Carlos Casares personaxe a quen están dedicadas as Letras Galegas deste ano 2017.
Un acto con diversidade de interpretacións musicais, recitais de poesía e representación teatral por parte do grupo de teatro da Entidade “Ramboia” dirixido por Cote, interpretación musical de Suso Espín e Marc Xarau, interpretación musical da Banda De Gaitas de Airiños dirixida por Iván. Tivemos o honor de contar coa actuación especial de Alfredo González, cantautor galego que ademais da súa discografía como autor, musicou un feixe de poemas de personaxes da nosas letras  como Rosalía de Castro, Manuel María, Curros Enrriquez e moitos mais. Dende a nosa Web queremos dar as grazas a Alfredo González.
Agradecer tamén o esforzo a todos os participantes, membros da Entidade que coa súa aportación fixeron posible este homenaxe e celebración das Letras Galegas. As cousas cando san de dentro teñen un valor especial e en Airiños temos a sorte de contar con un gran potencial socio cultural que en momentos especiais, somos capaces de sacar o mellor de cada un de nós e desde dentro argallar actos importantes que marcan a diferenza e dan ese aporte de valor desde dentro, con sentimento, algo que sempre tivo claro o persoeiro do que estamos a falar Carlos Casares.
Grazas a todos. 

 

Secretario Xeral da Emigración

parabens

Secretario Xeral da Emigración

O Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia felicitamos o Secretario Xeral da Emigración Antonio Rodríguez Miranda polo seu aniversario, e desexámoslle tamén que teña moitos éxitos nesta nova andaina e que a sensibilidade e bo facer que o caracterizan  manteñan vivos os vínculos  cos galegos e galegas que nos atopamos fora da Nosa Terra para sumar e aportar valor a todas ás actividades que durante o ano espallan a Nosa cultura tamén fora de Galicia en xeral, e Sta. Coloma de Gramenet en particular.
Moitos Parabéns Antonio e por moitos anos.

Copyright © 2015. All Rights Reserved.