Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

25 de xullo, Dia de Galicia

Mensaxe de Xosé Canosa, presidente do Centro, con motivo da celebración do Día de Galicia de 2018.

 

25xulloVídeo da campaña institucional con motivo da celebración do Día de Galicia deste ano

 

 

 

 Día de Galicia

Amigas, amigos, socios e simpatizantes de “AIRIÑOS”. Hoxe e un día importante para nós, é o Noso Día de Galicia.

Galicia somos nós:

a xente e mais a fala

¡Si buscas a Galicia

en ti tes que atopala!

Con estas verbas do poeta e amigo Manuel María quero dirixirme a todos vós para felicitarvos no día de Galicia.

Dende a nosa humildade que nos caracteriza pero que cada día nos fortalece e nos fai ser máis intelixentes, en nome de Airiños quero transmitirvos o noso orgullo como galegos de ese saber estar que vai no noso ADN.

Hoxe, e todos os días do ano, temos que sentirnos máis comprometidos coa Nosa cultura e sobre todo co noso idioma.

Non debemos esquecer endexamais o legado cultural que nos deixaron os nosos ante pasados,

Pensade que o idioma e o que mantén viva a nosa identidade.

                O idioma é a forza

                Que nos xungue e sostén.

                ¡Se perdemos a fala

                Non seremos ninguén!

Dende Airiños queremos agradecer no dia de hoxe a todas as persoas que co seu traballo e compromiso coa Nosa Terra fan dia a dia a Nosa razón de ser, con ríspeto, sentimento, sensibilidade e sentido común todas ás actividades que se realizan no día de hoxe en defensa da nosa identidade como pobo farannos sentir orgullosos.

Unidos debemos seguir traballando para ser máis fortes, a cultura e a fala non ten cores, canto máis forte sexamos, máis capaces seremos de manter o noso legado, e así seremos máis galegos.

 

Parabéns amigos

Feliz día de Galicia.

 

Xosé Canosa

Presidente do CC Airiños da Nosa Galicia

Aniversario del socio Elías Primo

 

aniversaio

 

Hace unos días la sala de actos del centro acogió la celebración del aniversario del socio Elías Primo, en el que participaron familiares y amigos. En esta ocasión Elías cumplió 85 años rodeado de sus seres queridos. En un acto muy entrañable se le entregó una placa conmemorativa del aniversario.

 

Galería de Fotos

 

 

Copyright © 2015. All Rights Reserved.