Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

QUEN SOMOS

logoAirinos

Somos un Centro cultural de orixe e tradición galego asentado na cidade de Sta. Coloma de Gramenet con 40 anos de historia.

Dende os inicios, a nosa forma de traballar basease sempre na divulgación da Nosa Cultura, con talante de integración e participación nos diferentes medios e entidades que forman o texido socio cultural da nosa cidade, Sta Coloma de Gramenet, caracterizados pola diversidade que sempre aportaron un valor engadido ao enriquecemento dos seus cidadáns en xeral e dos galegos e galegas en particular.

AIRIÑOS fundouse no mes de outubro do ano 1983 pondo en práctica unha escola de música e danza con continuidade ata hoxe, sempre vinculadas coas facultades intelectuais e o cultivo do espírito humano das persoas que formaron e forman parte da nosa cultura dentro de Airiños.

Ao longo dos anos, Airiños sempre tivo claro a integración e adaptación aos novos tempos nas diferentes etapas da súa historia, mostra de iso é esta andadura de 40 anos de actividade ininterrompidos e mostrando sempre un talante de innovación buscando novas actividades para satisfacer ás necesidades dos socios e simpatizantes.

Ademais da escola de música e danza tradicionais de Galicia, practicase moita máis actividade cultural, conferencias, simposios, teatro, exposicións, gastronomía, cursos de pintura, informática, cursos de galego, iniciación e perfeccionamento etc. En definitiva, o obxectivo é de promover a cultura entre os socios e simpatizantes.

Por tal motivo, en AIRIÑOS, estamos abertos a calquer suxerencia que os nosos socios e simpatizantes teñan a ben facernos chegar e entre todos e todas cubrir o máis amplo espectro da nosa cultura e así poder chegar a través desta paxina a todos e todas.

Airiños tivo o seu comezo na rúa Francesç Maciá de Sta Coloma no ano 1983 quedando oficialmente rexistrado como Centro Cultural e Social Airiños da Nosa Galicia de Sta. Coloma de Gramenet.

Constitúese una Xunta Directiva encabezada por D. Imerio Mato Mouriño como presidente, elabóranse os Estatutos por os cales se rexe a Entidade.

 

O longo de estes 40 anos de historia formaron parte da presidencia da Entidade os socios:

D. Imerio Mató Mouriño (Presidente fundador)

D. Carlos González

D. Manuel Novelle

D. Xosé Rodríguez

D. Matías Estevez

D. Xosé Ramón López

D. Manuel Dobarco

D. Xesús López

D. Mario Senén López

D. Carlos Río

D. Xosé Canosa (Preside da Entidade actualmente)

 

Grazas ao esforzo de todos e todas, persoas que formaron parte das xuntas directivas nas diferentes etapas, socios e simpatizantes, institucións oficiais, exponsors, colaboradores, medios de comunicación etc. Atopámonos hoxe coas mesmas ilusións de fai 40 anos e dende a rúa Pompeu Fabra nº 44 de Sta, Coloma de Gramenet, convidamos a todos os que desexen participar nas actividades que realizamos, estamos abertos a todo tipo de suxerencias e novas ideas.

Convidamos tamén a todos e todas a que participen na nosa paxina facéndonos chegar as súas inquedanzas.

 

 

ÚLTIMAS NOTICIAS

Airiños instala este sábado su hito del Camino de Santiago
El sábado día 27 a las 11.30 hoas Ai...
Conferencia en Aura Seguros de las Letras Galegas
Este año y con una gran afluencia de asiste...

Copyright © 2015. All Rights Reserved.