Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Exposición de Maite Vázquez e concerto de Amacio Prada

expolenguas01 expolenguas02

expolenguas05 expolenguas06

 

O venres tivo lugar a inauguración da exposion da artista ourensá Maite Vázquez no Teatro Segarra antes do Concerto de Amancio Prada ao que a FEGALCAT e Airiños dá Nosa Galicia convidaron a máis de cen persoas entre socios e amigos.
A exposición foi realizada en exclusiva pola pintora de Castro Caldelas para Fegalcat e consta de dez cadros nos que se mostran diferentes estampas do Camiño, desde a subida ao Cebreiro pasando por Triacastela, Mosteiro de Samos, Portomarin, Palas de Rei, Arzua e tres imaxes de Santiago.
Nela estiveron presentes o presidente de Fegalcat Domingo Balboa, a Tt de Alcaldesa de Cultura Petry Jiménez, Amancio Prada, a poeta e escritora Eva Veiga, o pintor e escultor gallego Alfonso Costa Beiro e por Airiños os Vicepresidentes Carlos Río, Suso López e o noso Presidente Xose Canosa.
Por parte do noso Centro fíxoselle entrega a Eva Veiga de dous obsequios: unha caricatura de Siro Lopez e unha Cerámica de Terra Branca.
Desde Airiños dá Nosa Galicia damos as grazas a tódolos asistentes.

Copyright © 2015. All Rights Reserved.