NOTICIAS
Calçotada cultural
Hoxe Airiños da Nosa Galicia participou xuntos cos Centros de: Llagosta, Irmandade A Nosa Galiza Mollet e Cova da Serpe (BCN) pertencentes a FEGALCAT nunha Calçotada Cultural en Vila-Rodona desprazando a Tarragona con visita ao Ponte do Demoni e un percorrido Cultural por Reus da man do Guía Jairo Abanto membro de Airiños.
Nesta Saída Cultural e Gastronómica participaron 150 socios das Entidades Asociadas.
O Ambiente foi de moita cordialidade e interrelación entre os Centros. Soaron as Gaitas pandeiretas e tambores etc interpretando temas da nosa Cultura Galega que foron cantadas ,bailadas e tarareadas por todos os asistentes.
Actos como este son os que fan máis grandes a nosa cultura e a nosa unidade.
Desde Airiños queremos agradecer a todos e todas as asistentes que o día de hoxe fose un día diferente deses que non se esquecen e fan piña.