Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Secretario Xeral da Emigración

parabens

Secretario Xeral da Emigración

O Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia felicitamos o Secretario Xeral da Emigración Antonio Rodríguez Miranda polo seu aniversario, e desexámoslle tamén que teña moitos éxitos nesta nova andaina e que a sensibilidade e bo facer que o caracterizan  manteñan vivos os vínculos  cos galegos e galegas que nos atopamos fora da Nosa Terra para sumar e aportar valor a todas ás actividades que durante o ano espallan a Nosa cultura tamén fora de Galicia en xeral, e Sta. Coloma de Gramenet en particular.
Moitos Parabéns Antonio e por moitos anos.

FESTA DO POLBO 2016

4 festa do polbo

FESTA DO POLBO 2016
Días 21, 22, 23 de outubro no Parc Europa de Sta. Coloma de Gramenet temos una cita todos os Galegos.
Un ano máis Airiños da Nosa Galicia ofrécenos a posibilidade de degustar o “Polbo  a Feira”  na tradicional festa de outono “A FESTA DO POLBO”
A finalidade desta Festa é a de reunir a socios e amigos de Airiños para disfrutar xuntos da tradicional degustación do polbo que xa é un clásico no Parc Europa nestas datas, 4ª edición da Festa do Polbo semellando a máis enxebre das Feiras da Nosa Terra. Acompañada tamén da nosa música tradicional e música de festa para botar uns bailes.
Xa sabedes, 21, 22 e 23 de outubro no PARC EUROPA.

Copyright © 2015. All Rights Reserved.