Centro Cultural Airiños da nosa Galicia

SANTA COLOMA DE GRAMENET

NOTICIAS

Exposición de Maite Vázquez e concerto de Amacio Prada

expolenguas01 expolenguas02

expolenguas05 expolenguas06

 

O venres tivo lugar a inauguración da exposion da artista ourensá Maite Vázquez no Teatro Segarra antes do Concerto de Amancio Prada ao que a FEGALCAT e Airiños dá Nosa Galicia convidaron a máis de cen persoas entre socios e amigos.
A exposición foi realizada en exclusiva pola pintora de Castro Caldelas para Fegalcat e consta de dez cadros nos que se mostran diferentes estampas do Camiño, desde a subida ao Cebreiro pasando por Triacastela, Mosteiro de Samos, Portomarin, Palas de Rei, Arzua e tres imaxes de Santiago.
Nela estiveron presentes o presidente de Fegalcat Domingo Balboa, a Tt de Alcaldesa de Cultura Petry Jiménez, Amancio Prada, a poeta e escritora Eva Veiga, o pintor e escultor gallego Alfonso Costa Beiro e por Airiños os Vicepresidentes Carlos Río, Suso López e o noso Presidente Xose Canosa.
Por parte do noso Centro fíxoselle entrega a Eva Veiga de dous obsequios: unha caricatura de Siro Lopez e unha Cerámica de Terra Branca.
Desde Airiños dá Nosa Galicia damos as grazas a tódolos asistentes.

Exposición sobre o Camiño

expocamino01

 

expocamino03 expocamino04

 

expocamino05

 

expocamino06

 

 

 

O local Social de Airiños dá Nosa  Galicia atópase decorado con motivos relacionados co Camiño de Santiago,Ano Xacobeo.
Estan expostas fotografías de diferentes lugares do Camiño de Santiago  ao seu paso pola nosa querida Galicia.
Ademas dun debuxo a gran tamaño do noso amigo Siro Lopez que fai referencia aos peregrinos e peregrinas que viaxan á nosa Terra

Copyright © 2015. All Rights Reserved.