NOTICIAS
Entrega dos Premios Alecrin

O noso Centro participou na entrega de premios Alecrin organizado por FEGALCAT. No acto que tivo lugar o pasado día 10 de agosto en Lalín. O presidente Xosé Canosa fixo entrega do Alecrín a Siro López.
Participaron membros da Xunta Directiva e socios. Na comida tivemos o honor de compartir mesa con Siro López e Pepe de Redondela, todo un parcer poder disfrutar da súa sabedoria.
Tamén participaron no acto varías autoridades políticas.
Desde Airiños da Nosa Galicia felicitamos a tódolos galardoados.
Máis información:
Emigración participa en Lalín na entrega dos premios Alecrín 2021
Baltar destaca "el papel dos emigrantes galegos en Cataluña"
La cultura gallega es protagonista en la Lalín con la entrega de los Alecrín
Morre o mestre Cupeiro

Nesta semana marcho para formar parte da gran orquestra Celestial ,o mestre Cupeiro.
Naceu viviu e partio coa súa trompeta, aquela que foi a súa muller, noiva, o seu amante complice e compañeira á que nunca abandono e arrincou todo tipo de ritmos e sons.
Hai uns anos Airiños dá Nosa Galicia recoñeceulle ao mestre o seu traballo e profesionalidade mediante un obsequio que lle foi entregado por dous Ferroláns: Xose Fernandez músico e compañeiro noutros tempos e con posterioridade manager da súa Orquestra e o noso Presidente Xose Canosa.
Grazas por facernos bailar e disfutar ao ritmo da túa trompeta.
Descansa en Paz Mestre.
Debuxo de Siro
Pesar en el mundo de la verbena por la muerte del trompetista Pedro Cupeiro.