NOTICIAS
Nova Xunta Directiva do centro

O pasado 27 de xuño celebramos unha asemblea de socios para renovar a xunta directiva da nosa entidade. Os nosos estatutos establecen que cada tres anos hai que renovar a xunta. O mandato actual rematara o pasado mes de febreiro, pero debido á pandemia COVID non se puido celebrar ata agora.
A Xunta Directiva que seguirá presidindo Xosé Canosa é o seguinte:
- PRESIDENTE: Xosé Canosa Blanco
- VICEPRESIDENTE: Carlos Río Quiñoy
- SECRETARIO:FranciscoFernándezArias
- TESOUREIRA e ADMINISTRACIÓN:Mª Jesús Río González
- Adxunto a Secretaría, Administración e Camiño de Santiago:Fabián Cárdenas Fernández
- Relacións Cidadás e Institucionais: Xesús López Pérez
- Responsable do Grupo de Música e Danza: Pepe Teijeiro Gómez
- Solidaridade: Brigi González Caballero
- Vestiario:Lola Vaamonde Souto
- Novas Tecnoloxías e Innovación:Carlos Rodríguez Pérez
- Cultura,Artes Escénicas e Diversidade da Persoa: Jairo Abanto Lea
- Participación Social, Voluntariado e Muller: Ester Teijeiro Salgado
- Xuventude Lecer e TempoLibre:Daniel García Pereira
- Prensa e Comunicación:Laura Santos Díaz
- Coordinación de Eventos, Imaxe e Patrimonio: María Lúa Hernández González
- Infraestrutura a Equipamento:José Mª Paredes Vigo
Letras galegas 2021

Airiños da Nosa Galicia realiza un acto homenaxe ás Letras Galegas -as Nosas Letras- e que este ano está dedicado a Xela Arias.
O acto realizase coa alternancia de vídeos de persoeiros do mundo da cultura que falarán da homenaxeada coa continuación de lectura de textos e poemas a cargo de socios e socias de Airiños.
No acto participaran varias modalidades culturais para dar visibilidade a implicación da nosa entidade na divulgación e posta en valor das nosas letras, música, representación teatrais, recitales das poesías de Xela Arias. Actuarán diferentes grupos de varias entidades galegas de outras localidades e tamén corales, actores e solistas da nosa cidade, tamén contaremos coa actuación do grupo de Airiños
O obxectivo é de por en valor a obra da homenaxeada desde a nosa humildade e desde dentro con mostras de diversidade cultural para facer visible este tan merecido recoñecemento a escritora, poeta, tradutora e defensora da igualdade, acto ao que se sumarán diferentes culturas da nosa cidade dando apoio coma sempre a nosa actividade.
Tódolos grupos e solistas interpretarán temas en Galego
O acto realizase co cumprimento estrito das normas sanitarias do momento e con todas as medidas de seguridade.