QUEN SOMOS
Somos un Centro cultural de orixe e tradición galego asentado na cidade de Sta. Coloma de Gramenet con 38 anos de historia.
Dende os inicios, a nosa forma de traballar basease sempre na divulgación da Nosa Cultura, con talante de integración e participación nos diferentes medios e entidades que forman o texido socio cultural da nosa cidade, Sta Coloma de Gramenet, caracterizados por a diversidade que sempre aportaron un valor engadido o enriquecemento dos seus cidadáns en xeral e dos galegos e galegas en particular.
AIRIÑOS fundouse no mes de outubro do ano 1983 pondo en práctica una escola de música e danza con continuidade ata hoxe, sempre vinculadas coas facultades intelectuais e o cultivo do espírito humano das persoas que formaron e forman parte da nosa cultura dentro de Airiños.
O longo dos anos, Airiños sempre tivo claro a integración e adaptación os novos tempos nas diferentes etapas da súa historia, mostra de iso e esta andadura de 33 anos de actividade ininterrompidos e mostrando sempre un talante de innovación buscando novas actividades para satisfacer ás necesidades dos socios e simpatizantes.
Ademais da escola de música e danza tradicionais de Galicia, practicase moita máis actividade cultural, conferencias, simposios, teatro, exposicións, gastronomía, cursos de pintura, informática, cursos de galego, iniciación e perfeccionamento etc. En definitiva, o obxetivo e de promover a cultura entre os socios e simpatizantes.
Por tal motivo, en AIRIÑOS, estamos abertos a calquer suxerencia que os nosos socios e simpatizantes teñan a ben facernos chegar e entre todos cubrir o máis amplo espectro da nosa cultura e así poder chegar a través desta paxina a todos.
Airiños tivo o seu comezo na rúa Francesç Maciá de Sta Coloma no ano 1983 quedando oficialmente rexistrado como Centro Cultural e Social Airiños da Nosa Galicia de Sta. Coloma de Gramenet.
Constitúese una Xunta Directiva encabezada por D. Imerio Mato Mouriño como presidente, elabóranse os Estatutos por os cales se rexe a Entidade.
O longo de estes 38 anos de historia formaron parte da presidencia da Entidade os socios:
- D. Imerio Mató Mouriño (Presidente fundador)
- D. Carlos González
- D. Manuel Novelle
- D. Xosé Rodríguez
- D. Matías Estevez
- D. Xosé Ramón López
- D. Manuel Dobarco
- D. Xesús López
- D. Mario Senén López
- D. Carlos Río
- D. Xosé Canosa (Preside da Entidade actualmente)
Grazas o esforzo de todos, persoas que formaron parte das xuntas directivas nas diferentes etapas, socios e simpatizantes, institucións oficiais, exponsors, colaboradores, medios de comunicación etc. Atopámonos hoxe coas mesmas ilusións de fai 38 anos e dende a rúa Pompeu Fabra nº 44 de Sta, Coloma de Gramenet, convidamos a todos os que desexen participar nas actividades que realizamos e estamos abertos a todo tipo de suxerencias e novas ideas.
Convidamos tamén a todos a que participen na nosa paxina facéndonos chegar as súas inquedanzas.